fleire@fleire.com
É vostede a visita número:
Voltar arriba
Ovella Galega
Nesta sección vostede terá a oportunidade de saber algo máis sobre a ovella galega e a súa
historia. Asimesmo ofrecémoslle a posibilidade de coñecer o noso proxecto de producción e
compra/venda.
Ver todas as imaxes da ovella galega.
Historia
Dende o meu nacementeo, xa no século pasado,
coñecín a existencia da "ovella da raña" ou "ovella de
montaña" agora chamada "ovella galega"
recoñecéndose dous ecotipos: o de montaña e a mariñá.
Ovella Galega en época invernal.
Despois de moitas conversacións con xente da parroquia que eran mozos e mozas nos anos 50 souben que
tradicionalmente as explotacións seguían un sistema semiextensivo do gando ovino ligado ó gando vacún,
compartindo pastos e incluso na maioría dos casos, as cuadras.
Cuadras da Ovella Galega
Nos seus primeiros momentos a ovella da raña
era compañeira inseparable da vaca parda
alpina formaba parte da cabaña de todos os
veciños da parroquia de Santa Comba.
Nos tempos da mocidade de meu pai e miña nai a actividade pastoril dos rebaños da ovella da
raña era unha práctica de tipo comunitario onde as reses de todo o partido (Regocorto, Fleire, Casanova
e Busgardín) eran levadas ós pastos por quendas, dependendo do número de cabezas do rebaño. Cada
cinco reses, un día de pastoreo.
Pola mañá, cada día, un dos veciños subía ó monte con todos os rebaños do partido e pola noite voltaba
con eles, distribuindo as reses nas casas de cada gandeiro. Debido á apararición das vacas de producción
leiteira, o pastoreo das ovellas quedou relegado ás zonas de mala e escasa productividade, polo que
reduciron o número de crías e descendeu a súa calidade.
Rebaño de Ovella Galega
Os gandeiros da parroquia fóronse desfacendo dos rebaños de ovellas e nos anos 80 xa non había
ningunha ovella da raña.