Telefonos de contacto www.fleire.com
E-mail fleire@fleire.com
Teléfono de contacto e mail. www.fleire.com
Portada - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com
Portada - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com A Raza - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Proxecto - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Coñécenos - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Enlaces de interse e imaxes - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com

É vostede a visita número:

Contador de visitas

Voltar arriba

 
Sitio Web optimizado para Mozilla Firefox e Internet Explorer con unha resolución ideal de 1024x768

Criador de Galiña de Mos

Compra/Venda Ver todas as imaxes

 

Xa  metido no asunto de recuperación da ovella galega e dado o meu gusto,dende pequeno, polas aves de

tódalas razas dende as exóticas ata as acuáticas, puxénme de novo en contacto con técnicos especialistas

en recuperación de razas autóctonas.Outra raza galega atopábase en perigo de instinción:

“a galiña de mos”.

Foto: Galiña de Mos.


A galiña de mos ten unhas características ben diferenciadas (ver páxina AVIMOS) que foi perdendo polos

cruces indiscriminados feitos en épocas pasadas.


Alá por outubro do ano 2003 comecei a miña andaina como criador da galiña de mos, unha galiña que eu

xa non recordaba, só sabía que en tempos de meus avós cacarexaba polos nosos currais de forma

totalmente libre e que fora sustituída pola galiña poñedora .



Comprei 3 galiñas e 1 galo e incorporeinos a

unha finca de 3000m para vivir en total

liberdade, compartindo recinto con pavos reais.

 

A partir dese momento a recuperación fixose

dunha maneira totalmente natural a través da

Galiña de Mos.

 

incubación de ovos das propias galiñas da finca con quicas e galiñas chocas da mesma raza; continuada

ata o momento e dunha forma selectiva tendo en conta os criterios de patrón fixados por especialistas da

administración autonómica.

Espazo natural da Galiña de Mos .

 


Unha vez criados e debidamente seleccionados poñense a venda con 2 meses de idade cunha anilla

identificativa.


O meu obxectivo é recuperar a galiña de mos tendo en conta os criterios estipulados para a raza, crialas

na mellor liberdade posible cunha alimentación ecolóxica fomentando a súa capacidade productiva e

extendendo o coñecemento da raza. Para lograr estes obxectivos levo a cabo accións do tipo de:

 
 

 

- Os exemplares que nacen con defectos son criados independientemente para logo

sacrificalos e servir de alimento nas nosas cociñas.

- Faise un control e rexistro de raza en libros genéticos a través de membros da

administración autonómica e da asociación de criadores AVIMOS.

 

 

- Acúdese a exposicións e mercados con exemplares puros criados na finca:

Exposicións e mercados exemplares Galiña de Mos
     

                      

-Mercado de Cervo(Lugo).


-Exposición de Silleda (Pontevedra).


-Exposición de Castropol (Asturias).


-Exposición de razas autóctonas de aves(Alemaña ).